Comportamentos tradutolóxicos, feminismos e literatura infantoxuvenil: algunhas calas no ámbito galego
Resumo
Este artigo analiza o campo literario infantoxuvenil galego a partir das pegadas que os feminismos e as traducións tiveron nel. A partir do establecemento previo dunha serie de períodos no referente ao impacto dos feminismos nas obras para a infancia e a mocidade, tentarase ver se as obras feministas doutros sistemas literarios precederon e foron modelo das galegas no marco da literatura infantil e xuvenil, se as autoras comprometidas cos feminismos en Galicia foron tamén tradutoras de textos coeducativos e se na actualidade o campo literario galego conta coas obras referenciais na abordaxe de cuestións como as masculinidades alternativas, as identidades sexuais non normativas ou os personaxes *trans. Grazas á análise de casos concretos, comprobarase que o campo literario galego tardou en importar obras feministas para o lectorado en formación, que as obras galegas souberon ser innovadoras con respecto aos feminismos –aínda que nalgunhas delas se perciba a influencia de certos modelos– e que, no tempo en que se precisaban traducións pola entrada do galego no ensino, privilexiáronse os textos das tradicións populares veciñas e os clásicos da literatura infantil. Ademais, incidirase en que, nos últimos anos, a tradución de autoras é algo moi habitual, mentres que tamén se conta con algúns textos feministas interesantes, mais isto ocorre sen ningún tipo de planificación previa que garanta unha calidade e os mecanismos de diversidade cultural que un sistema literario coas particularidades do galego precisa.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.