Arde Galicia: o ‘agrocuir’ en contra da metronormatividade do ‘queer’
Resumo
A cultura LGTB adoita relacionarse coas grandes urbes metropolitanas. Este artigo suxire que esta ‘metronormatividade’ característica da cultura e da política queer é un factor na falta de visibilidade das comunidades LGTB nas zonas rurais e non metropolitanas de Galicia. A medida que os estudos queer experimentaron no século XXI un xiro antiurbano e ecoloxista, Galicia é un lugar privilexiado dende onde reimaxinar a política LGTB. Este estudo ofrece un panorama do activismo e da produción cultural LGTB emerxentes en Galicia, un movemento que podemos denominar ‘agrocuir’, tomando prestado o termo acuñado por un colectivo LGTB en Lugo. Lonxe de ser un fenómeno local ou illado, esta postura anti-metronormativa abre posibilidades de pensar as identidades cuir en Galicia dentro dunha rede global que abarca persoas e comunidades LGTB rurais, racializadas e non hexemónicas.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.