A pobreza dos expósitos da Inclusa de Pontevedra (1872-1925)

Palavras-chave: Pobreza, expósitos, inclusas, Pontevedra, séculos XIX e XX

Resumo

Este artigo ten dous obxectivos. O primeiro é establecer o medio do que procedían os expósitos da Inclusa de Pontevedra e, xa de adultos, as circunstancias nas que se desenvolvían e morrían. O segundo é valorar como eran vistos pola sociedade e como lles afectaba ter a condición de fillos de pais descoñecidos. Todo iso no período que vai desde 1872, ano da inauguración da Institución, ata 1925, cando se pechou o torno. Para lograr os obxectivos citados analizamos as roupas que estes nenos vestían e as notas que portaban enganchadas a elas ao seren abandonados. Ademais, establecemos algunhas características da vida adulta destes expósitos centrándonos nos bens cos que contaban ao comezala, o nivel de estudos que tiñan e os traballos que facían. Tamén estudamos a consideración social dos expósitos a través, sobre todo, da prensa e das manifestacións dos responsables das inclusas. Por último, analizamos testemuños da procura dalgúns expósitos de información que puidese levarlles ata a súa nai e a súa familia. As nosas conclusións son que, en boa parte, os expósitos da Inclusa de Pontevedra, do mesmo xeito que os asilados doutras inclusas, nacían pobres e morrían da mesma maneira. A estancia neste establecemento benéfico e, posteriormente, no Hospicio non lles facilitou o ascenso social. Ademais, se non eran recollidos pola súa nai ou familiares, non lograban atopar a súa familia biolóxica, e a esta carencia había que sumarlle a pouca consideración social que tiñan os expósitos debido, precisamente, a ser fillos de pais descoñecidos.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-18
Como Citar
Rodríguez Martín A. M. (2020). A pobreza dos expósitos da Inclusa de Pontevedra (1872-1925). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23, 295-313. https://doi.org/10.5209/madr.73075
Secção
Artigos