Narración extrema en Ninguén Dorme (2019) de Rexina Vega. O corpo da paria, o empoderamento e a violencia feminina
Resumo
Neste traballo achegámonos a Ninguén Dorme (2019) de Rexina Vega para analizar como a autora tivo que reconstruír, desde a marxinación, unha nova figura autoral, que puidera dar visibilidade a un libro que concibe a violencia da súa mensaxe como ferramenta que obriga ao lector a encarar aquilo que a sociedade evade –miseria, racismo, violencia de xénero, pederastia, etc. Demostraremos que o artefacto político-literario que constrúe a autora é un xeito totalmente novo de abordar a novela social, que converte o desgarro corporal e anímico dunha realidade repulsiva no espazo desde o que volver a pensar. Unha proposta radical que centra o seu discurso nos corpos, o goce e o medo das mulleres e narra experiencias tan importantes como o aborto e a violencia defensiva exercida por muller. Para esmiuzar o texto de Vega apoiarémonos principalmente nas teorías de Georges Bataille sobre o erotismo e a violencia, mais tamén en Hannah Arendt para falar da figura do paria, en Luce Irigaray para indagar sobre porque o feminino se define en base ao desexo masculino, en Donna Haraway para analizar a muller de vaxina dentada como monstro, en Julia Kristeva e as súas teorías sobre o abxecto...
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.