As voces da (des)cortesía en galego L2: aspectos sociodiscursivos

Palavras-chave: cortesía, descortesía, galego L2, imaxe, identidade, comunicación intercultural

Resumo

No presente artigo reflexionaremos sobre o fenómeno da cortesía e da descortesía pragmática en relación a un grupo de estudantes de galego L2, todos procedentes de fóra da Galiza, para entendermos como estes a perciben, a constrúen e a performan. Para isto, analizaremos mostras de entrevistas semidirixidas que realizamos con algúns discentes da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. Exporemos, nos puntos 1 e 2, unha serie de consideracións previas que nos pareceron necesarias para introducir o lector no contexto, empírico e epistemolóxico, en que este traballo se desenvolve. Seguidamente, nun primeiro bloque informativo (sección 3), após expormos algunhas das máis relevantes concepcións teóricas dos estudos da (des)cortesía (3.1), prestaremos atención ás narrativas metapragmáticas dalgúns dos informantes, tentando tratar os aspectos normativos relativos ao fenómeno da (des)cortesía dun punto de vista sociodiscursivo (3.2, 3.3 e 3.4). Na segunda parte do artigo (sección 4), alén de explorarmos a relación teórica entre as nocións de imaxe e identidade (4.1), analizaremos mostras do corpus coa axuda destes dous marcos interpretativos coa finalidade de esclarecer como, quer a vulnerabilidade á imaxe (4.2), quer a variación lingüística e sociocultural, ben como distintos tipos de discursos identitarios (4.3) median na negociación dos roles comunicativos vinculados á (des)cortesía pragmática en situacións de contacto intercultural.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Biografia Autor

Laura Castro Lorenzo, Universidade de Santiago de Compostela.

Departamento de Lingua e literatura españolas, Teoría da Literatura e Lingüística xeral.

##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-18
Como Citar
Castro Lorenzo L. (2020). As voces da (des)cortesía en galego L2: aspectos sociodiscursivos. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23, 121-137. https://doi.org/10.5209/madr.73068
Secção
Artigos