O infinitivo flexionado no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL)
Resumo
Neste traballo pretendemos analizar o emprego do infinitivo flexionado (IF) no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL), que recolle textos redactados por estudantes de segundo de Bacharelato de Galicia. Tras describir as características básicas deste corpus, así como a metodoloxía utilizada para a identificación dos exemplos de uso do IF, amosamos os resultados obtidos, tanto en termos globais, como tendo en conta a súa distribución en función de diferentes criterios (número e persoa, papel desempeñado polo infinitivo ou pola oración en que se integra, coincidencia do suxeito do IF co suxeito da oración de que depende, posición da oración de infinitivo, presenza de suxeito explícito). En terceiro lugar, analizamos os resultados comparándoos cos obtidos noutros traballos sobre o uso do IF e avaliando a súa adecuación aos empregos canónicos establecidos nas gramáticas galegas. O traballo remata cunhas conclusións en que se destacan os resultados máis relevantes obtidos no estudo, entre os cales cabe resaltar o escaso emprego do IF e os erros na selección de número e persoa, e cunha reflexión final sobre o ensino desta forma verbal.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.