Cartafol de poesía, de Celso Emilio Ferreiro. A verdadeira historia dunha obra minúscula
Resumo
Neste artigo abórdanse os problemas que presenta Cartafol de poesía, iniciativa literaria de Xosé Velo e Celso Emilio Ferreiro da que se posúe unha percepción pouco clara aínda hoxe en día. Tales problemas afectan fundamentalmente á súa configuración, de contornos imprecisos, e á data de publicación, 1935 ou 1936. Inicialmente estúdase a recepción de Cartafol de poesía antes da Guerra Civil e no período posterior ao conflito bélico. A seguir examínanse, por unha parte, os testemuños de Celso Emilio Ferreiro relativos a este título e, por outra, a presenza do mesmo nas edicións sucesivas da súa obra. Realizados estes labores, arróxase luz sobre a historia de Cartafol de poesía no contexto da produción poética do autor de Celanova antes de 1936. As dúas conclusións que se alcanzan, a partir da comparación de tres exemplares orixinais, é que Cartafol de poesía se trata dunha obra minúscula constituída por unhas tapas de cartolina para gardar paulatinamente unha colección de poemas, da cal só se distribuirían dous, que ten como data a primeira metade do ano 1936.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.