Vinte anos do Centro de Estudos Galegos na Universidade do Minho (1997-2017): balance e perspectivas de futuro

  • Fernando Groba Bouza Universidade do Minho
  • Noemi Basanta Llanes Universidade do Minho
  • Pedro Dono López Universidade do Minho

Resumo

Desde o ano da súa creación, en 1997, por medio dun convenio entre a Xunta de Galicia e a Universidade do Minho, o Centro de Estudos Galegos ten experimentado un proceso de inserción e consolidación progresiva non só no contexto académico da universidade bracarense, senón tamén en diferentes ámbitos da sociedade miñota, particularmente nos sectores vinculados á acción cultural. O labor desenvolvido polos diferentes lectores e lectoras do Centro contribuíu (e contribúe) non só para aproximar a realidade lingüística e cultural galega ao contexto do norte de Portugal, onde paradoxicamente é/era bastante descoñecida, senón tamén para favorecer a interacción entre axentes culturais de ambas as bandas do Miño/Minho. Abordamos nesta contribución a evolución da presenza do ensino da lingua e cultura galegas na UMinho, desde os cursos de extensión universitaria ás opcións que permiten chegar ao alumnado de múltiplos graos da oferta académica da institución, ben como ás diferentes actividades de divulgación organizadas, a miúdo en asociación con actores culturais relevantes da cidade de Braga, como a Rádio Universitária do Minho (RUM) ou a asociación cultural Canto d’Aqui: o programa de radio Galiza Mais Perto (RUM 97.5), a Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza, o Dia da Galiza em Braga ou o Encontro Minho-Galiza son exemplo disto. Unha vertente á que quizais se teña prestado menor atención, a da investigación, deberá asumir un maior protagonismo en anos vindeiros, pois tamén se advirte a necesidade de estreitar vínculos no ámbito científico.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2019-12-05
Como Citar
Groba Bouza F., Basanta Llanes N. y Dono López P. (2019). Vinte anos do Centro de Estudos Galegos na Universidade do Minho (1997-2017): balance e perspectivas de futuro. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 269-276. https://doi.org/10.5209/madr.66865
Secção
Notas