A educación literaria: unha proposta lectora

  • Paula Cousillas Pena Universidade Complutense de Madrid

Resumo

A educación literaria é un dos bloques que estruturan o currículo educativo da materia de Lingua Galega e Literatura, no que se contempla un dobre obxectivo: por un lado, o achegamento á historia, ás obras e ás figuras literarias máis salientables; e, por outro, o propósito de acadar lectores e lectoras competentes que continúen, posteriormente, a súa formación lectora. Non obstante, a observación de diferentes programacións educativas, nas que cada docente indica o tratamento da lectura nas aulas, constata que na maioría dos casos soamente se perpetúa o enfoque historicista, e non propicia a querenza pola lectura e a formación de alumnos-lectores. Así, o obxectivo deste traballo consiste en ofrecer unha alternativa metodolóxica que permita incorporar a lectura na aula de maneira diferente a como se vén realizando con frecuencia nos centros educativos. Neste sentido, a través da metodoloxía da constelación literaria, elaborouse unha proposta lectora anual para o alumnado de 2º da ESO da materia de Lingua Galega e Literatura, co propósito de responder ás necesidades dunha debida formación literaria, na que o alumnado desenvolva non só os contidos e as competencias indicadas no currículo, senón tamén potencie o hábito lector e unha adecuada competencia lecto-literaria.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2019-12-05
Como Citar
Cousillas Pena P. (2019). A educación literaria: unha proposta lectora. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 123-134. https://doi.org/10.5209/madr.66855
Secção
Artigos