Un milagre eucarístico entre Galicia e Portugal: fontes e contextos da Cantiga de Santa Maria 104
Resumo
As Cantigas de Santa Maria, escritas na segunda metade do séc. XIII polo rei Afonso X e os seus colaboradores, acollen algúns milagres sobre un tema daquela de gran actualidade: o eucarístico. Neles, homes e mulleres experimentan a transformación en carne e sangue das hostias consagradas, realizándose así a nivel exterior os principios do dogma da transubstanciación. Despois dunha panorámica sobre estas Cantigas, todas problemáticas no que ten que ver coa determinación das respectivas fontes, preséntase o caso da Cantiga de Santa Maria 104, para a cal Jaime Ferreiro Alemparte e Xosé Filgueira Valverde pensaron nun modelo escrito procedente da obra do alemán Cesáreo de Heisterbach e nunha canle de transmisión galega, considerada a localización do relato: Caldas de Reis. A través dun renovado estudo comparativo entre o texto galego-portugués e a tradición de referencia, chégase a unha hipótese alternativa á dos anteriores especialistas e que establece distintos niveis e áreas de influencia en cada sección do relato mariano a partir dos Opuscula de Pier Damiani e do modelo narrativo do Santíssimo Milagre de Santarém. Finalmente, grazas á nova hipótese, vanse propor algunhas consideracións sobre o período da entrada do milagre na corte afonsí e as motivacións políticas e doutrinais que o farían posible
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.