"O que o vento trouxo": o realismo máxico en Galicia
Resumo
O artigo examina a presenza do realismo máxico na produción cultural de Galicia e afonda nas razóns deste fenómeno. O concepto de realismo máxico durante moitos anos considerábase como un caso literario e característico de América Latina. Hoxe en día, segundo a opinión académica, o realismo máxico é un feito internacional e atópase en culturas diferentes, incluso en Galicia. Ademais, o realismo máxico esténdese ao cinema e outras expresións culturais. Nesta investigación desenvólvense tres seccións. En primeiro lugar, explícase que o realismo máxico posúe unhas determinadas características temáticas e estruturais. En segunda instancia, o exame da historia e cultura de Galicia revela que o contexto galego é potencialmente fértil para ambos os aspectos definidores do realismo máxico. Finalmente, a análise textual e visual detecta os trazos do realismo máxico en todas as obras estudadas: a novela Merlín e familia (1955) de Álvaro Cunqueiro, a novela O lapis do carpinteiro (1998) de Manuel Rivas, a película Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989) e a novela gráfica Ardalén de Miguelanxo Prado (2012). Como resultado, o ensaio chega á conclusión de que o realismo máxico é un fenómeno notable en Galicia.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




