"Non hai noite tan longa": investigación, historia e memoria do tardofranquismo1
Resumo
A novela Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz, publicada no ano 2011, explora o pasado recente do franquismo e tenta comprendelo desde a actualidade ao tempo que reflexiona sobre a necesidade da memoria e da reparación das vítimas da ditadura. O presente artigo propón unha abordaxe interdisciplinar da obra que bota luz sobre a pertinencia do uso da trama de investigación para pescudar no pasado, a realista e crítica recreación da sociedade tardofranquista que esta presenta e, finalmente, a contundente mensaxe que sobre a recuperación da memoria histórica se desprende dela.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.