A experiencia de guerra no "bando inimigo": relatos de memoria de soldados galegos do exército franquista
Resumo
Este artigo examina os recordos ou memorias da experiencia de guerra dun pequeno grupo de intelectuais galeguistas, formado por Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Xaime Illa Couto, Elixio Rodríguez e Ramón de Valenzuela (os dous últimos chegaron a desertar e pasar á zona republicana). Todos eles están relacionados entre si, ademais, por un vencello forxado na mesma condición de soldados arrastrados a loitar na guerra civil co exército franquista, en cuxas filas se alistaron na procura dunha seguridade persoal ameazada pola represión fascista nos seus lugares de orixe. O enfoque metodolóxico empregado é propio da historia cultural e baséase na interpretación do modo de ver, sentir e pensar a realidade expresado por estes autores en diferentes textos, relegando a cuestión da verosimilitude dos contidos a un plano secundario ou tanxencial. Trátase, en definitiva, de discernir se os relatos expresan máis o que os soldados fixeron na guerra ou se, pola contra, se centran máis no que a guerra lles fixo a eles. As conclusións deste traballo alumean algúns camiños de transformación persoal, mapas emocionais incompletos e, fundamentalmente, a forza do contexto sobre todos os niveis temporais ou semánticos da escritura.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.