Afinidades antagónicas: Cunqueiro, anosador da "Beat Generation"

  • Xosé-Henrique Costas Universidade de Vigo, Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
Palavras-chave: Translation, Poetry, Álvaro Cunqueiro, Beat Generation.

Resumo

Entre 1970 e 1978 Álvaro Cunqueiro foi dando a coñecer traducións de poemas da Beat Generation nas páxinas literarias do Faro de Vigo. Traduciu oito poemas de Corso, Ferlinghetti, Ginsberg e Kerouac entre os máis de 300 autores anosados ao galego polo mindoniense no xornal vigués entre 1965 e 1981. Son relevantes e sorprendentes as traducións de poetas beat por este movemento estar a priori moi afastado da sensibilidade vital e poética de Cunqueiro. Porén, demóstrase así que nada do poético lle foi alleo a un Cunqueiro moi atento a todas as novidades literarias e desexoso de ampliar coas súas traducións ao noso idioma o capital simbólico do campo literario galego. Exporemos as traducións a carón dos versos orixinais e, ademais, analizaremos se ese antagonismo poético é total ou se existen afinidades entre a poética beat e a poética do mindoniense.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Como Citar
Costas X.-H. (2018). Afinidades antagónicas: Cunqueiro, anosador da "Beat Generation". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 21, 51-70. https://doi.org/10.5209/MADR.62593
Secção
Artigos