María Pita no teatro. As obras dramáticas de Antonio Valladares de Sotomayor e Francisco Robello y Vasconi
Resumo
Neste traballo, abordamos a análise de dous textos teatrais que versan sobre a intervención de María Pita no cerco inglés da Coruña no ano 1589. Un deles é a comedia Defensa de La Coruña por la heroica María Pita, composta por Antonio Valladares de Sotomayor, soado dramaturgo galego do século XVIII e autor dunha ampla e variada produción teatral. O outro texto, que fora practicamente ignorado ata o momento, titúlase María Pita o la heroína de Galicia; a autoría deste drama histórico atribuímola a Francisco Robello y Vasconi, un actor do século XIX do que apenas se tiñan noticias, por iso é polo que nos viramos obrigados a reconstruír a súa biografía, na medida en que foi posible. Unha comparación entre a comedia de Valladares e o drama de Robello deixa entrever diferenzas en varios ámbitos, como, por exemplo, o ideolóxico.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.