Nostalxia en clave positiva e perspectiva feminista: a Segunda República como folla de ruta en "Tres tiempos y la esperanza"
Resumo
Este artigo analiza dous compoñentes basilares do proxecto ideolóxico da novela autobiográfica de María Victoria Valenzuela, Tres tiempos y la esperanza (1962), que narra as experiencias da autora na Segunda República, a Guerra Civil e o franquismo. Céntrase no papel da nostalxia que, na primeira parte da obra, tingue tanto as descricións das lembranzas individuais canto os comentarios sobre os fitos do período republicano. A nostalxia tende a se relacionar co esencialismo e o irracional, mais nesta novela pode inspirar nos lectores empatía cara aos que defenderon a democracia. Segundo, examínase a perspectiva feminista da narración que, por unha banda, salienta a violencia fascista contra as mulleres e, por outra, rexeita calquera esencialismo que defenda a existencia de diferenzas innatas entre as mulleres e os homes. As distincións que poida haber entre os dous sexos retrátanse como consecuencias da socialización. Reivindicamos esta novela, case totalmente esquecida pola crítica, polo seu valor testemuñal e o seu contido ético e político. Ao contrario de moitas novelas que banalizan o pasado e usan a Guerra Civil como pano de fondo, o labor memorialista desta obra recrea unha historia libre das falacias fascistas, que até hoxe seguen a alicerzar a versión hexemónica dos eventos.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.