Travesías das baleas pola poesía contemporánea de Galicia e Irlanda: Xénero, empoderamento e extinción
Resumo
O presente artigo analiza o motivo literario da balea na poesía contemporánea de Galicia e Irlanda desde unha perspectiva ecofeminista que integra os debates recentes na ecocrítica e no feminismo. A análise das interrelacións na opresión de muller e natureza lévanos a considerar o motivo da balea alén do tropo de empoderamento feminino para ponderar o efecto do espolio dos cetáceos e a participación no mesmo das industrias baleeiras de Galicia e Irlanda. A poesía actual destas comunidades propón transxéneses figuradas de balea e humano para que non esquezamos a nosa natureza animal e recoñezamos o outro que levamos dentro. Observamos nesta poesía a repulsa de fenómenos como o da espectacularización da natureza e a explotación dos seus recursos ata o exterminio, promovéndose unha actitude de empatía e de respecto pola diferenza relativa do outro. Damos conta, así mesmo, do tratamento diferenciado do motivo da balea nos dous sistemas literarios tanto no tocante á súa visibilidade como á súa dimensión máis ou menos alegórica ou ecolóxica.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.