Cando o “peso” da investigación filolóxica se pode converter nun lastre (I): que + vogal na lírica profana galego-portuguesa
Resumo
Tralos estudos realizados o século pasado por Nobiling e Cunha, que establecían que na lírica profana galego- portuguesa o encontro intervocabular entre a conxunción ou pronome que + vogal (tónica ou átona) se resolvía en hiato, M. Ferreiro puxo de relevo que en moitas ocasións os estudosos non teñen en conta este precepto á hora de establece-lo texto crítico das cantigas que editan. A presente contribución pretende revisar criticamente algunhas propostas de emenda realizadas por estes investigadores co obxectivo de restablece-la isometría versal en casos en que Michaëlis e Lang (na edición do Cancioneiro da Ajuda e no cancioneiro do rei don Denís, respectivamente) supoñían que o encontro intervocabular se resolvía mediante unha sinalefa.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.