Fernando Osorio do Campo: historia dunha investigación
Resumo
A figura dun dos homes máis relevantes do movemento teatral das Irmandades da Fala, Fernando Osorio do Campo, viña sendo un misterio para a historiografía teatral galega. As noticias relativas á creación do Conservatorio Nacional de Arte Galega informaban da súa orixe coruñesa e da formación dramática recibida en Lisboa, mais era moi pouco o que coñecíamos dese período anterior ao ano 1919. Por súa vez, as tebras ocultaban de novo o percurso vital de Osorio desde 1924 –ano en que publica a obra teatral Desourentación– e non coñecíamos cousa ningunha do seu paso polo mundo fóra dunha lembranza publicada en 1971 por Marino Dónega sob o título “Un home, unha aventura, un tempo”, un artigo en que o que sería secretario da RAG recollía momentos sorprendentes dunha intensa vida desenvolvida en tres continentes e informaba de textos dramáticos da súa autoría que aínda permanecen inéditos. No presente traballo dáse conta do proceso de pesquisa realizado desde 2008 por media ducia de países á volta da vida e da obra teatral de Fernando Osorio, ben como do propio sentido de moldar hoxe unha biografía e das técnicas de investigación postas en práctica para atinxir o albo de construír un relato documentado da vida de Osorio e editar e difundir os textos teatrais felizmente localizados.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.