As figuras femininas en Ramón Otero Pedrayo: obra dramática e guións

  • Laura Tato Fontaíña Universidade da Coruña, Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística, Grupo ILLA.
Palavras-chave: Teatro galego, Ramón Otero Pedrayo, crítica literaria, estudos de xénero.

Resumo

Neste artigo estúdanse as personaxes femininas da obra dramática e dos guións cinematográficos de Ramón Otero Pedrayo, analizando a súa evolución no tempo e comparándoas coas mulleres da súa narrativa. O teatro está constituído por un conxunto heteroxéneo de pezas que foron escritas entre 1929 e 1952, e que comprende unha traxedia rural (A lagarada), dezaseis pezas de teatro vangardista (Teatro de máscaras), unha obra de teatro de rúa (O desengano do Priorio) e dez peziñas publicadas na prensa. Préstase especial atención aos guións cinematográficos, escritos durante a ditadura franquista (Camino de Santiago, Rosalía e outros tres pequenos textos) onde o escritor outorga unha nova dimensión a unha figura feminina que, antes de 1936, era residual e estaba sempre connotada negativamente: a universitaria culta e cosmopolita. Esta mudanza correspóndese coa transformación que, en opinión de Ramón Otero Pedrayo, estaba sufrindo a sociedade galega.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2016-10-25
Como Citar
Tato Fontaíña L. (2016). As figuras femininas en Ramón Otero Pedrayo: obra dramática e guións. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 19, 189-201. https://doi.org/10.5209/MADR.53996
Secção
Artigos