Cunqueiro en "El Pueblo Gallego"
Resumo
O presente artigo describe e analiza as colaboracións de Álvaro Cunqueiro no xornal vigués El Pueblo Gallego antes do estourido da Guerra Civil. Preséntanse todos os textos publicados neste medio, clasifícanse tipoloxicamente e, por último, saliéntanse de entre estes os de temática mindoniense, dos cales se reproduce unha escolma. Cómpre salientar que, entre todas as aparicións de Cunqueiro en publicacións periódicas da Preguerra, a máis importante, tanto polo número de colaboracións coma pola súa extensión no tempo, é a que mantivo co xornal El Pueblo Gallego, onde deu a coñecer entre mediados de 1933 e o comezo da Guerra Civil en xullo de 1936 máis de medio cento de textos.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.