David e Salomón ante porta do Paraíso: o reflexo moral do Antigo Testamento na catedral de Ourense (século XIII)
Resumo
O pórtico do Paraíso da catedral de Ourense é un espazo dedicado esencialmente a unha función penitencial. Ofrece un programa visual que axuda a que o fiel pecador poida realizar un acto sincero de contrición, antes de traspasar a porta para acceder ao templo, entendido como Cristo, seguindo o texto de san Xoán 10, 9-10. Nel sitúanse as figuras de David, Salomón e nove profetas, quen achegan un salientábel carácter moralizante dentro do contexto penitencial creado a partir do IV Concilio de Letrán de 1215, sen dúbida transmitido no Tractatus de Poenitentia redactado polo bispo auriense don Lorenzo a comezos do século XIII.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.