"Raíñas de pedra": unha revisión humanizadora da vida e morte de Inés de Castro

  • Soraya Suárez Quintas Universidade de Santiago de Compostela Instituto da Lingua Galega
Palavras-chave: Inés de Castro, Raíñas de pedra, Cándido Pazó.

Resumo

O amor tráxico de Don Pedro I de Portugal e Inés de Castro converteuse dende cedo nun tema recorrente no panorama cultural portugués, español e europeo. A raíña morta erixiuse como o mito universal da muller inocente sacrificada pola Razón de Estado e transformouse na personificación da vitoria do amor máis alá da morte. Porén, a pesar da súa forte vinculación con Galicia, a súa figura mantívose afastada da literatura galega durante moitos anos. Este artigo pretende revisar e analizar a principal obra que marcou a intromisión da Castro no panorama literario galego, Raíñas de Pedra, de Cándido Pazó, facendo fincapé na súa orixinalidade e innovación con respecto ó resto do corpus inesiano.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2015-11-19
Como Citar
Suárez Quintas S. (2015). "Raíñas de pedra": unha revisión humanizadora da vida e morte de Inés de Castro. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 18, 137-146. https://doi.org/10.5209/rev_MADR.2015.v18.51224
Secção
Artigos