Unha achega á historia da edición en Galiza: Lugo nos anos do franquismo
Resumo
A actividade editorial na Galiza durante o franquismo foi máis ampla e diversificada do que habitualmente se considera. A modo de exemplo, analízase neste traballo a produción e os axentes editoriais que desenvolveron o seu labor na cidade de Lugo no período que se estende de 1939 a 1975. Esta achega confirma a heteroxeneidade das iniciativas, empresas e axentes implicados.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.