Cara ao ermo. Estratexias para o cuestionamento da realidade desde a poesía galega recente
Resumo
A través da análise dos poemarios Fase de trema de Lorena Souto (Espiral Maior, 2012) e Cero de Oriana Méndez (Galaxia, 2011) proporase unha lectura destes títulos como textos que, por medio do emprego da “metáfora da tolemia”, procuran un diálogo intertextual concreto para activar un discurso deconstrutivo –en termos derridianos– sobre o cuestionamento de realidades, individuais e colectivas, e para artellar novos posicionamentos desde o literario.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.