Rimando en galego en Bos Aires: identidade na poesía de Avelino Díaz (1897-1971)
Resumo
Aínda que inspirado poeta, Avelino Díaz (1894-1971) continúa a ser un completo descoñecido na literatura do país para o que escribiu. Os seus libros, publicados en edición do propio autor en Bos Aires, non coñeceron unha segunda edición e, tanto as súas colaboracións xornalísticas coma os centos de poemas espallados pola variada prensa da colectividade galegoporteña, non foron nunca rastrexados e compilados de maneira sistemática. No ámbito académico, una monografía (Freire Freire 2002), que contén unha escolma de cen poemas precedidos dunha introdución biográfica, é a única excepción a este estado de indiferenza. Esta contribución propón unha lectura en termos de identidade da vida e obra poética de Avelino Díaz servíndose a modo de guía do concepto operacional de “identificación” formulado por LePage e Tabouret-Keller (1985).
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.