O desamparo da nenez protagonista no cincuentenario da edición de Memorias dun neno labrego de Neira Vilas:da pequena fosforeira a Balbino
Resumo
Neste artigo intentaremos facer unha aproximación ao desamparo infantil da nenez protagonista a través da figura de Balbino. Examínase unha problemática que foi motivo de crítica social na literatura de Castelao. Pártese como presuposto da expresión máxima do desamparo que simboliza a pequena fosforeira de Hans Christian Andersen. Diversas converxencias e diverxencias xorden na gradación desta situación para os protagonistas infantís. No 2011 conmemórase o cincuentenario da primeira edición de Memorias dun neno labrego, onde Neira Vilas retratou os trazos peculiares do desamparo infantil na Galicia rural da posguerra.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.