Irlanda na revista Nós. Apuntamentos para un estudo das relacións culturais (II)

  • Alberto Allegue Leira I.E.S. Moncho Valcarce
Palavras-chave: Galiza-Irlanda, relacións culturais, revista Nós, nacionalismo galego, literatura irlandesa.

Resumo

A revista Nós acolleu regularmente contidos relacionados con Irlanda e coa súa cultura. Foron sobre todo dous os autores que asinaron os traballos, Otero Pedrayo e V. Risco, e a súa atención sobre este país obedece, ademais de consolidar un discurso identitario ligado ao celtismo, tanto a debates internos dentro do nacionalismo de preguerra como á promoción por parte dos ourensáns do exemplo irlandés como modelo estratéxico para o galeguismo durante os anos 20. A visión de Irlanda en Nós comeza sendo de carácter político, mais polos intereses dos propios redactores, da revista e da situación política e cultural do momento vai evoluíndo cara a aspectos máis literarios e históricos. Son precisamente eses intereses de Otero e Risco (refrendaren a súa proposta estratéxica dentro do nacionalismo, consolidaren a súa posición) os que fan “adaptar” a realidade irlandesa dos anos 20 a unha visión “acaída” para o público de Nós.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Biografia Autor

Alberto Allegue Leira, I.E.S. Moncho Valcarce

Dpto. de Lingua Galega e Literatura

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2011-10-14
Como Citar
Allegue Leira A. (2011). Irlanda na revista Nós. Apuntamentos para un estudo das relacións culturais (II). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 14, 13-24. https://doi.org/10.5209/rev_MADR.2011.v14.1
Secção
Artigos