Reprodución transhumana: unha análise comparativa entre Natura, de Iolanda Zúñiga, e The Growing Season, de Helen Sedgwick

Palavras-chave: reprodución transhumana, transhumanismo filosófico, ; segunda vaga de feminismo, úteros artificiais, bioconservadurismo

Resumo

Este artigo ofrece unha achega comparativa ás novelas Natura, da galega Iolanda Zúñiga, e The Growing Season, da británica Helen Sedgwick, co fin e analizar a lectura crítica que ambas autoras fan da utilización de úteros artificiais nas sociedades do futuro. Para isto, o transhumanismo é utilizado como marco teórico, unha filosofía que postula a necesidade de beneficiarse dos avances científicos e tecnolóxicos actuais para crear seres biomellorados. Nas obras, a sexualidade reprodutiva é substituída pola reprodución in-vitro e os úteros artificiais que, lonxe de liberar ás mulleres dos perigos dos embarazos e partos naturais, supoñen un paso máis na opresión e represión das mesmas. Deste xeito, tanto Zúñiga como Sedgwick contradicen un dos principais argumentos da segunda vaga do feminismo norteamericano de Firestone e Pateman que suxería que a confiscación da sexualidade reprodutiva das mulleres a través da utilización de úteros artificiais poría fin ao patriarcado e, polo tanto, liberaría ás mesmas de calquera tipo de sistema opresor. O resultado desta análise comparativa indica que tanto Natura como The Growing Season, a pesar de ser obras escritas en dúas linguas diferentes e pertencentes a dúas tradicións literarias distintas, teñen en común a lectura bioconservadurista que fan de calquera tipo de utilización maniquea dos avances científicos e tecnolóxicos a causa do potencial uso tanto patriarcal como capitalista dos mesmos.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2026-04-10
Como Citar
Alonso Alonso M. . (2026). Reprodución transhumana: unha análise comparativa entre Natura, de Iolanda Zúñiga, e The Growing Season, de Helen Sedgwick. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 28, e108903. https://doi.org/10.5209/madr.108903
Secção
Monográfico