Náufragas inmigrantes no Reino Unido: análise comparativa de Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga e Wilcza rzeka de Wioletta Grzegorzewska
Resumo
O artigo proponse realizar un estudo comparativo e contrastivo de dúas novelas de autoficción, en cuxo centro están as experiencias migratorias das mulleres: Virtudes (e misterios) (2020) de Xesús Fraga e Wilcza rzeka (2021) de Wioletta Grzegorzewska. A lectura pretende examinar e comparar o mundo e as vivencias das inmigrantes (os seus espazos, ámbito social, lingua particular, ethos do traballo, etc.) e a codificación do imaxinario do país de acollida. Para acadar estes fins utilízanse tres perspectivas metodolóxicas: o comparatismo literario, a socioloxía das migracións e os estudos sobre literatura migrante. Así mesmo, o obxectivo é indagar en que medida as novelas analizadas codifican actitudes negativas cara ás persoas que inmigran. Ademais, fálase das estratexias de resistencia e supervivencia que os protagonistas se ven obrigados a adoptar.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




