Alianzas epistémicas necesarias: xénero, sexualidade e nación

Palavras-chave: nación, cultura galega, epistemoloxías feministas/queer, privilexio epistémico, interseccionalidade

Resumo

Este artigo defende a alianza das teorías de xénero e sexualidade cos discursos da nación, non como saberes accesorios senón como unha forma de coñecemento que atende ás singularidades que conforman a comunidade nacional e que achegan, ademais, saberes críticos. O obxectivo é ofrecer algúns apuntamentos sobre cuestións a ter en conta para establecer de forma proveitosa esta alianza. Faise un achegamento aos xestos que inician os estudos de xénero e sexualidade en Galicia a partir de 1976. Mostra a potencia teórica dos estudos baseados no corpo/sexo/sexualidade e algunhas achegas relevantes para reconceptualizar non só suxeitos disidentes senón os asuntos do mundo, superando a acosmía (falta de mundo). Deféndese que os saberes feminista/queer se elaboran como unha trepia de coñecementos que proceden do movemento social, a creación e a teoría. A seguir interrógase sobre a oportunidade de aplicar a teoría do punto de vista e a figura do suxeito epistemicamente privilexiado de Harding. Ofrece un prontuario de cuestións a ter en conta na confluencia xénero/sexualidade e nación, e indaga nos desafíos que ofrecen os actuais debates sobre racialización e interseccionalidade. En suma, este artigo defende a necesidade de pensar a comunidade nacional desde a singularidade dos corpos empregando as ferramentas teóricas que ofrecen os estudos críticos de xénero/sexualidade.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2025-12-21
Como Citar
González Fernández H. (2025). Alianzas epistémicas necesarias: xénero, sexualidade e nación. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 28, e108020. https://doi.org/10.5209/madr.108020
Secção
Monográfico