A presenza da gueada e da geada nos topónimos recollidos no Diccionario nomenclatór de José de Villarroel (1810)
Resumo
En 1810 José de Villarroel publica o seu Diccionario nomenclatór cos nomes das principais entidades populacionais da Galiza da altura, baseándose na Direccion General de Cartas en Forma de Diccionario de Bernardo Espinault Garcia (1775). Nunha época en que non existía unha variedade padrón para o galego e en que o español era considerado a referencia modelar para a representación dos topónimos, a obra dá conta de fenómenos lingüísticos dialectais e populares que aparecen representados nos elementos lematizados. Dous deles, a gueada e a geada, figuran nalgunhas toponimias, a ilustraren certa sorte de pronuncias locais e/ou estratuais aínda hoxe detectábeis no territorio. O presente contributo transita polo estado desas variantes fonéticas, constatando a súa presenza nos nomes de lugar do dicionario citado e das súas presumíbeis equivalencias co estado actual da lingua.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




