O perfil do profesorado de galego para non galegofalantes: unha aproximación baseada en eGrid
Resumo
Este artigo presenta os resultados dunha investigación cuxo obxectivo é describir o perfil do docente de galego para non galegofalantes baseado na grella de autoavaliación eGrid. A análise levada a cabo apóiase en datos cuantitativos e cualitativos recollidos a través dun cuestionario en liña que foi distribuído mediante correos electrónicos e redes sociais. Os resultados ofrecen un primeiro cadro do perfil obxecto de estudo e confirman que o colectivo, que desempeña o seu labor docente en diferentes países ao redor do mundo e diversos niveis educativos ou contextos de ensino-aprendizaxe, é maioritariamente feminino con alto coñecemento do idioma e da cultura galegos. A comunidade está moi dividida entre os docentes que presentan máis anos de experencia e aqueles que son noveles. Ademais, os estudos galegos teñen unha presenza limitada en comparación con outras materias. A falta de visibilidade da lingua galega xunto coa dispersión xeográfica fan necesaria a asociación dos docentes para crear accións e formación conxunta.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




