De paisaxes e pobos a festas e lendas en Cantares gallegos de Rosalía de Castro
Resumo
Cantares gallegos de Rosalía de Castro é unha obra importante, non só pola calidade estética dos poemas, mais tamén polo impacto que xerou a creación dunha obra literaria en galego no século XIX, o que significou un rexurdimento das letras e a cultura nesta lingua histórica. Se algo destaca nos Cantares é a presenza de elementos característicos de Galicia que están intercalados no libro, os cales pertencen a tradicións, costumes e coñecemento popular da Nación galega. Neste artigo móstranse as referencias aos pobos, á música, á danza, ás festas, ás crenzas relixiosas, ás lendas e ás actividades cotiás, así como a recorrente morriña, elementos que malia estaren en ambientes decimonónicos, aínda son parte da esencia cultural galega. Con esta lectura dos textos de Rosalía de Castro, o obxectivo principal é probar como Cantares gallegos non é soamente a escolma de glosas de cántigas populares, senón unha viaxe por Galicia e os seus costumes ancestrais.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




