A medio camiño de ningures: a emigración como exclusión na BD "Freda"

  • David Miranda-Barreiro School of Arts, Culture and Language, Bangor University
Palavras-chave: emigración, banda deseñada, emocións, exclusión

Resumo

A banda deseñada Freda (2002), de Kike Benlloch e Alberto Vázquez, narra a historia dunha familia galega emigrada a Centroeuropa a mediados dos anos cincuenta. A localización exacta da historia é ambigua, pois é un país de fala alemá que podería ser tanto Alemaña como Suíza. Forzados a marchar debido á falta de traballo en Galicia, os pais pasan a formar parte do continxente migratorio que, da man do Instituto Nacional de Emigración, foi explotado nos países de destino. Mentres que os seus proxenitores mostran moi pouco interese en integrarse na nova sociedade por considerar que se trata dunha estadía temporal, o fillo Manu (quen chega con dez anos) comeza a establecer vínculos emocionais coa cultura de acollida. Especialmente grazas á axuda da súa amiga Freda, coa que terá posteriormente unha relación sentimental, Manu chegará a sentir que o seu fogar xa non está en Galicia senón ao lado da súa namorada. Seis anos despois, de volta a Galicia por mor dos problemas físicos causados polo duro traballo na saúde do seu pai, é Manu quen non consegue readaptarse. A través dun aparato teórico multidisciplinar (estudos migratorios, teoría dos afectos, estudos de xénero e estudos de banda deseñada), este artigo analiza a representación das consecuencias que a política migratoria da ditadura tivo na saúde mental e emocional das persoas migrantes. Propón a análise de Manu como figura de exclusión, que remata “a medio camiño” (nas súas propias palabras), sen pertencer completamente a ningures.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2024-12-21
Como Citar
Miranda-Barreiro D. (2024). A medio camiño de ningures: a emigración como exclusión na BD "Freda". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 27, e104692. https://doi.org/10.5209/madr.104692
Secção
Artigos