A lingua de chegada do fragmento da tradución do "Fuero Real" do Archivo Histórico Provincial de León
Resumo
Como primeira contribución ao proxecto de edición e estudo dos tres fragmentos de traducións do Fuero Real, da Tercera Partida e das Flores de Derecho que están depositados no Archivo Histórico Provincial de León, neste artigo presento unha análise lingüística que demostra que a lingua de chegada do primeiro deles é a variedade de galego propia da comarca de Vilafranca do Bierzo, con ocasionais adopcións de variantes propias de variedades máis orientais. O desenvolvemento económico e administrativo que esta vila alcanzou durante os séculos XII e XIII fixo dela unha poboación cun nivel de actividade burocrática e xudicial que nalgún escritorio debeu de facer necesario contar con traslados dos devanditos textos xurídicos a unha variedade do romance máis ou menos próxima da local
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




