Mulleres nomeadas polos outros. Estudo do sistema antroponímico baixomedieval dende unha perspectiva de xénero

Palavras-chave: antroponimia, Baixa Idade Media, xénero, galego, fontes documentais

Resumo

O estudo de dúas coleccións documentais do século XV poñen de manifesto algunhas diverxencias no sistema de nomeamento en función do xénero. Ao discriminar os datos dende esta perspectiva, tendo en conta as secuencias antroponímicas femeninas e masculinas separadamente, revélanse particularidades relativas ao tipo de cadea e diferenzas no tocante á distribución, presenza e natureza dos tipos de segundo nome. Trátase nalgúns casos de tendencias que, por estaren presentes nun colectivo con mención minoritaria nas fontes, resultan imperceptibles no conxunto xeral de datos. Na presente contribución afondaremos nestas diverxencias e presentaremos numerosos exemplos. Con este traballo espérase contribuír ao estudo do sistema antroponímico baixomedieval galaico e achegar novos datos para entender a súa evolución.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2024-12-21
Como Citar
Bouzas P. (2024). Mulleres nomeadas polos outros. Estudo do sistema antroponímico baixomedieval dende unha perspectiva de xénero. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 27, e104554. https://doi.org/10.5209/madr.104554
Secção
Monográfico