A tradición oral como fonte de información sobre as rutas xacobeas: o exemplo das cántigas populares e o Camiño Inglés

Palavras-chave: tradición oral, literatura oral, Camiño de Santiago, Camiño Inglés

Resumo

As coplas e cántigas populares galegas que se conservan aínda na tradición oral e que en moitos casos xa recollen ducias de cancioneiros abordan temas moi diversos. Entre as máis frecuentes están sen dúbida aquelas que mencionan unha cidade, unha vila ou unha localidade, e dentro destas son abondosas as que as relacionan cun camiño que pasa por alí. Tampouco faltan composicións con referencias a unha localidade como punto de paso para Santiago, como destino de peregrinación ou simplemente como destino dunha viaxe –se cadra para ir a unha feira ou a un mercado–. Xuntando todas as cántigas que puidemos atopar sobre os temas indicados e repasando as orixes desta modalidade lírica, neste artigo quixemos compilar un pequeno cancioneiro sobre as localidades galegas do Camiño Inglés e mostrar a súa relevancia como fonte de información sobre o trazado das rutas xacobeas. Non se trata, por tanto, dun cancioneiro exclusivamente sobre peregrinacións, senón sobre os puntos de paso dos camiños que seguían as persoas que peregrinaban e o resto de camiñantes que os empregaban por calquera outro motivo.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-12-21
Como Citar
Neira Pereira H. (2023). A tradición oral como fonte de información sobre as rutas xacobeas: o exemplo das cántigas populares e o Camiño Inglés. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 26, e104517. https://doi.org/10.5209/madr.104517
Secção
Notas