O folclorista Pedro Echevarría Bravo (1905-1990), a súa etapa galega e as “Misións Folklóricas” (1951-1960): recompilar música de tradición oral galega nos anos cincuenta
Resumo
Pedro Echevarría Bravo (1905-1990) foi un destacado musicólogo e folclorista español do século XX. Os estudos sobre a súa traxectoria e achegas aínda son escasos, e o seu nome non aparece nos principais dicionarios de referencia sobre música. Tras unha longa traxectoria como director de bandas de música e un intenso traballo de recollida de folclore en Castela-A Mancha, en 1953 Echevarría trasládase a Galicia, onde continuou a súa carreira profesional ata c. 1965 como director das bandas de A Coruña (1953-1954) e Compostela (1954-1965). A súa etapa en Galicia e, en particular, as súas investigacións e compilacións de folclore galego son aínda moi descoñecidas. Entre 1951 e 1960 Pedro Echevarría recolleu centos de cantigas de tradición oral en Galicia. O seu traballo foi financiado pola Sección de Folclore do antigo Instituto Español de Musicología e formou parte do pioneiro proxecto de recompilación e estudo da música de tradición oral que esta institución desenrolou por toda España entre 1944 e 1960 –as denominadas “Misións Folclóricas” (un proxecto en el que o folclorista xa participara na súa etapa manchega). Echevarría realizou oito misións folclóricas en Galicia; os materiais resultantes deste traballo poden consultarse actualmente a través da plataforma dixital de acceso libre Fondo de Música Tradicional IMF-CSIC. A partir de diversos documentos, este artigo reconstrúe a estancia de Echevarría en Galicia nos anos 50 e 60 e resitua a súa investigación folclórica no contexto da recompilación de música de tradición oral galega no século X
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




