Literatura negra galega e tradución
Resumo
Neste artigo analizamos a relación entre literatura negra e tradución no sistema literario galego desde os presupostos da Socioloxía da tradución e os estudos culturais (Sapiro 2008, Heilbron e Sapiro 2016). A partir dos exhaustivos datos do Catálogo da tradución galega BITRAGA, elaboramos primeiramente unha panorámica da literatura traducida ao galego ou desde o galego na que se teñen en conta os espazos e as linguas de tradución, o volume de obra traducida, os xéneros e os públicos da tradución directa e inversa de obra literaria galega no período 1975-2020. En segundo lugar, elabórase a panorámica da tradución de literatura negra baixo os mesmos parámetros e, ademais, téñense en conta a súa cronoloxía, autorías, editoriais, coleccións, galardóns recibidos etc. Este artigo ten por obxectivos contribuír á historia da tradución literaria galega sobre datos comprobados e fiables e demostrar a singularidade actual do xénero novela negra no sistema literario galego. O volume de datos de produción e de tradución de obra negra galega e as novas autorías da última década confirman a vitalidade do xénero.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




