Dúas perspectivas ante a diáspora galega en Cuba: "Gallego" (1981), de Miguel Barnet, e a poesía social de Rosalía de Castro
Resumo
A novela-testemuñal Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet, pretende ser unha homenaxe ós milleiros de emigrantes que a partir da segunda metade do século XIX abandonaron Galicia para buscar fortuna en Cuba. A presenza na novela de cinco epígrafes rosalianos procedentes de Cantares gallegos e Follas novas. Non obstante, fai aflorar dúas perspectivas contraditorias ante o éxodo galego a Cuba, desestabilizando o pacto de lectura, socavando a verosimilitude do testemuño do narrador protagonista, desvirtuando a suposta homenaxe ó colectivo galego e deixando en evidencia o carácter propagandístico da novela.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




