Testemuño de Marcial Suárez sobre a terceira época do semanario pontevedrés <i>Litoral</i>
Resumo
Comeza este artigo coa presentación do escritor galego Marcial Suárez (Allariz, 1918 - O Porto do Son, 1996). Dáse a coñecer logo a súa testemuña consistente, por unha banda, no relato do xurdimento da terceira época do semanario pontevedrés Litoral encabezada por Domingo Dominguín (1920-1975) e, por outra, na narración de como foron os seus últimos días, antes de que fose prohibido polo réxime franquista. A testemuña é a transcrición dun manuscrito inédito do autor e a parte final transcorre en Madrid, dentro da clandestinidade do Partido Comunista de España. O texto que damos a coñecer amósase como derradeiro achado dunha investigación sobre os rastros de Litoral atopados entre os escritos orixinais de Marcial Suárez na súa biblioteca personal.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




