Cartografía lesbiana da poesía galega. Dúas pioneiras: María do Carme Kruckenberg e María Xosé Queizán

Palavras-chave: María do Carme Kruckenberg, María Xosé Queizán, escrita lesbiana, crítica lesbiana, lesbianizar a lectura

Resumo

Este artigo é un exercicio de crítica lesbiana de dous poemarios de dúas escritoras lesbianas: María do Carme Kruckenberg (Vigo, 1926- 2015) e María Xosé Queizán (Vigo, 1936). Os dous libros teñen un mesmo eixo, o amor e o desexo dunha muller; son libros nos que un suxeito feminino namorado escribe palabras de amor e desexo a un ti a quen se ama e se desexa. Até aquí as similitudes entre os dous textos; a diverxencia fundamental, á que buscará sentido este traballo, é que no texto de Kruckenberg o xénero dese ti está coidadosamente oculto, mentres que no de Queizán o ti é outra muller, sen ningún tipo de veladura ou equívoco. Esta proposta de crítica lesbiana de ler lesbianamente ou lesbianizar a lectura utiliza dúas estratexias diferentes: por un lado, a “biomitografía”, aprendida de Audre Lorde e, por outro, a chamada de Monique Wittig a recuperar a historia das mulleres, borrada polo heteropatriarcado, recordando e, cando recordar é imposible, inventando. A crítica lesbiana funciona sempre como unha hermenéutica da sospeita. Ademais, este artigo tenta explicar e valorar adecuadamente as distintas estratexias textuais utilizadas polas autoras, que percorren o traxecto que vai do silenciado e criptografado de Carme Kruckenberg até o explícito e celebratorio de María Xosé Queizán. Formalmente esta investigación acode tamén á obra de Hélène Cixous para propoñer a tinta branca como (un) modelo de escritura do corpo e o desexo lesbiano.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-12-21
Como Citar
Suárez Briones B. (2023). Cartografía lesbiana da poesía galega. Dúas pioneiras: María do Carme Kruckenberg e María Xosé Queizán. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 26, e104173. https://doi.org/10.5209/madr.104173
Secção
Artigos