Indicios lingüísticos para unha datación dos Miragres de Santiago no arcebispado de Berenguel de Landoira
Resumo
Coñecemos os Miragres de Santiago a través dun manuscrito de entre 1390 e 1420 que contén unha copia moi descoidada dunha obra elaborada con anterioridade. Dada a importancia que nela teñen os relatos da vida de Santiago o Menor e do traslado da súa cabeza a Santiago de Compostela, algúns historiadores da arte sinalaron que a súa escritura debeu de ser promovida por Berenguel de Landoira, arcebispo de Santiago de 1317 a 1330 que en 1322 ordenou que se fixese un busto relicario para a cabeza do devandito apóstolo, ou por Juan García de Manrique, arcebispo entre 1383 e 1388, que mandou enriquecer o dito relicario e tomou outras medidas encamiñadas a relanzar o culto deste santo. Neste artigo fago unha análise de nove variábeis lingüísticas en que se reúnen datos que, na miña opinión, avalan a hipótese de que a obra foi promovida durante o arcebispado de Berenguel de Landoira, que probabelmente dispuxo a inclusión dos relatos relacionados con Santiago o Menor no marco do libro que coñecemos como Miragres de Santiago, e non a escritura dun Liber Sancti Iacobi Minoris autónomo. Só en dúas das variábeis exploradas detectei datos que poderían suxerir para os relatos da Epifanía e da Ascensión unha datación máis tardía que para o resto da obra.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




