Liñaxes galego-cataláns en Sardeña. Os Masones-De Lima Soutomaior na defensa da illa durante a Guerra de Sucesión Española
Resumo
O artigo investiga a rama sarda da familia galego-catalá Masones-De Lima-Soutomaior e o papel desenvolvido por algúns dos seus membros nos campos militar e diplomático, así como na defensa da illa durante a Guerra de Sucesión Española. Grazas aos datos inéditos procedentes do Arquivo Histórico Diocesano de Núoro e do Archivo Histórico Nacional de Madrid, reconstrúese a xenealoxía completa da familia. Por unha banda, sublíñase así a importancia que a cidade (daquela, vila) sarda mantiña nesa época, por mor das súas condicións socio-económicas dignas das cidades máis grandes. Pola outra, é posíbel describir as figuras ilustres desta familia, sen o veo de indecisión causado polas numerosas homonimias. Finalmente, o estudo proporciona novos fíos de conexión entre Galicia e Sardeña, amosando, deste xeito, a plena pertenza da illa sarda á realidade da monarquía hispánica con todos os seus territorios, máis alén dos que formaban parte da Coroa de Aragón.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




