No ronsel da colección de literatura popular de Marcial Valladares: a súa colaboración cos folcloristas do século XIX

Palavras-chave: tradición oral, literatura popular, século XIX, Rexurdimento, Marcial Valladares, galego

Resumo

O escritor e lingüista Marcial Valladares (1821-1903) foi tamén artífice dunha das primeiras coleccións de literatura popular que se fixeron na Galicia do século XIX. Malia non a publicar no seu tempo nun volume, pódese dicir que tivo certa difusión mercé a que el mesmo empregou as coplas e refráns por el transcritos como autoridade lingüística no seu recoñecido Diccionario gallego-castellano (1884); pero tamén porque se mostrou xeneroso cedendo esa completa e variada colección manuscrita a aqueles estudosos do folclore español e galego que solicitaron a súa colaboración. Este artigo rastrexa e analiza precisamente a achega de Valladares ós traballos e coleccións de Manuel Murguía, Antonio Machado y Álvarez, Juan A. Saco Arce, Francisco Rodríguez Marín, Casto Sampedro, Xosé Pérez Ballesteros, Antonio de la Iglesia e Alfredo Brañas. Ademais, este exame vainos permitir realizar unha viaxe historiográfica polas investigacións folclóricas máis decisivas do século XIX.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2021-12-23
Como Citar
Fernández Salgado X. A. (2021). No ronsel da colección de literatura popular de Marcial Valladares: a súa colaboración cos folcloristas do século XIX. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 24, 81-100. https://doi.org/10.5209/madr.80235
Secção
Artigos