Emigración transatlántica e integración laboral: mulleres galegas no sur do Conurbano bonaerense (1890-1960)

  • Ruy Farías Universidad Nacional de San Martín
Palabras clave: emigración galega, Arxentina, séculos XIX e XX, integración, inserción socioprofesional, mulleres traballadoras

Resumen

Aínda que nas últimas tres décadas os nosos coñecementos acerca dos emigrantes de Galicia na Arxentina experimentaron notables avances, continúa sendo pouco o que sabemos en relación coa problemática particular das mulleres galegas no país, particularmente no que respecta á súa integración económica. Certamente, tanto as fontes oficiais arxentinas como as das asociacións de étnicas galaicas no país presentan importantes limitacións á hora de indagar na integración feminina na súa faceta laboral, mais o baleiro debe atribuírse en última instancia ao “discurso da domesticidade”, que santificou o fogar como un espazo no que a muller desenvolvía a súa misión de responsable da reprodución física e moral da familia, mentres ao home lle correspondían as tarefas rentadas fóra da casa. De alí, en boa medida, o subrexistro e a falta de percepción do fenómeno do traballo feminino. A partir da información consignada en dúas fontes de tipo nominativo e nos testemuños recollidos a partir de entrevistas a emigrantes galegas ou aos seus familiares, abordamos a inserción socioprofesional de migrantes galegas radicadas nos municipios bonaerenses de Avellaneda e Lanús entre 1890 e 1960, procurando botar luz tanto sobre o seu rol economicamente activo como sobre a integración que alcanzaron no sector secundario da economía da zona.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2020-12-13
Cómo citar
Farías R. (2020). Emigración transatlántica e integración laboral: mulleres galegas no sur do Conurbano bonaerense (1890-1960). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 107-122. https://doi.org/10.5209/madr.73617