A pegada galaica de Carmen Martín Gaite na súa obra. Da teoría literaria á práctica de ficción

  • Mónica Fuentes del Río Universidad Complutense de Madrid
Palabras clave: Carmen Martín Gaite, teoría literaria, influencia cultural galego-portuguesa, Portugal, Galicia

Resumen

Este traballo analiza a presenza e influencia de Galicia, a súa cultura e a súa literatura sobre a vida e a obra da escritora Carmen Martín Gaite, na súa teoría literaria e na súa práctica de ficción, debido ás orixes galegas da súa familia materna. En primeiro lugar, este aspecto estúdase nas súas reflexións sobre a arte de narrar, contidas no seu ensaio e produción xornalística; en segundo lugar, examínase se se trata dunha das súas influencias culturais, presente nas súas distintas facetas creativas; e, finalmente, investígase na súa narración, por exemplo, como motivo temático e como localización dalgunha das súas obras literarias. Ademais, analízase se a súa ascendencia galega motiva a súa fascinación por Portugal e os seus escritores, moi influentes na autora, así como as conexións mutuas entre os creadores galego-portugueses e a súa propia obra.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2020-12-02
Cómo citar
Fuentes del Río M. (2020). A pegada galaica de Carmen Martín Gaite na súa obra. Da teoría literaria á práctica de ficción. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 163-184. https://doi.org/10.5209/madr.73609