A (de)construción identitaria homosexual na conversa. Implicacións socioculturais no discurso gay galego

  • Daniel Amarelo Montero Universidade de Santiago de Compostela
Palabras clave: lingua e sexualidade, identidade, Análise Crítica do Discurso, performatividade, LGBTIQ

Resumen

No presente traballo, estudaremos os procesos de construción identitaria que se deseñan á volta da sexualidade nun grupo de xoves galegos non heterosexuais, de entre 20 e 30 anos e con distintas orixes socio-xeográficas. Após introducir o estado da cuestión, resumir o percorrido metodolóxico e teórico que nos guiará e presentar o corpus que serve de base empírica, mostramos algúns anacos de conversas reais orais que gravamos para este fin. Por tanto, analízase o corpus oral que recompilamos á luz de cuestións de relevancia para o estudo discursivo da sexualidade contemporánea, partindo da Análise Crítica do Discurso, das teorías da identidade na súa aplicación á lingua e dos Estudos de Xénero e Sexualidade nas súas propostas posidentitarias actuais. En todo momento, temos presentes as particularidades galegas, así como o feito de non contarmos con moita actividade intelectual e académica no noso ámbito á volta do asunto. Finalmente, nesta liña, concluímos con algunhas vías de futuro para a cuestión da linguaxe e as sexualidades non normativas nos seus aspectos socio-discursivos.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Amarelo Montero D. (2019). A (de)construción identitaria homosexual na conversa. Implicacións socioculturais no discurso gay galego. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 31-49. https://doi.org/10.5209/madr.66850
Sección
Artículos