Urbano Lugrís e o movemento cultural In Nave Civitas entre 2012 e 2018: unha análise ecocrítica
Resumo
Primeira fase dun traballo de investigación ecocrítica e socioliteraria sobre o colectivo cultural e cívico In Nave Civitas (nado en 2012) e a súa relación coa figura e a obra literaria e plástica de Urbano Lugrís (1908-1973). Obxectivos: pescuda da orixe do movemento e da escolla de Urbano Lugrís como emblema. Contextualización sociocultural do persoeiro que inspira o grupo e percorrido pola súa recepción anterior a 2012. Recompilación e estudo de diferente documentación escrita e audiovisual. Realización de entrevistas aos membros: Xurxo Souto, Ana Badía, Rodrigo Osorio e Teresa Ramiro. Análise, seguindo o eixo lugrisián, das ramificacións do movemento a través de colaboracións e interseccións con colectivos espallados por Galicia: Malpica, Vilaboa, Vigo, Bueu, etc. Concluése, tras analizar as entrevistas, as actividades e as creacións musicais e literarias dos membros, que hai unha serie de elementos culturais e vitais da traxectoria de Urbano Lugrís que son apropiados e recreados polo colectivo, tal como se manifesta na reconstrución da historia vivida desta corrente de cultura na rúa, que nace e se desenvolve aínda na cidade da Coruña. Eses elementos teñen que ver co rescate dos valores republicanos que o grupo proxecta ás reivindicacións cívicas de urxencia ecolóxica e impronta femininista, con diferentes implicacións laborais, sociais e culturais no presente. Salientan a defensa da biodiversidade e dos valores do coidado e a igualdade, así como a recuperación dos espazos públicos e os lugares da memoria, e a ocupación das redes dixitais nas que o colectivo se amosa moi activo.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




